AULA TELEPRESENCIAL - CAPACITACION EN HIJWEB - O GROVE, MEAÑO, SANXENXO, VILA DE CRUCES e SILLEDA
Publicouse na INTRANET convidando ao persoal das Oficinas de Xustiza no Municipio (OXM) co obxectivo de presentar os medios tecnolóxicos dispoñibles e as aplicacións HIJWEB e Portasinaturas, celebraránse sesións de capacitación os días 3 e 4 de novembro, dirixidas ao persoal de xustiza das oficinas de tipo A de O Grove, Meaño, Sanxenxo, Vila de Cruces e Silleda.
Para inscribirse preme na seguinte ligazón da INTRANET:
https://formacion-xustiza.xunta.gal/course/view.php?id=91
| OXM | Data de capacitación | Quendas | Modalidade | Perfís destinatarios |
|---|---|---|---|---|
|
O Grove, Meaño, Sanxenxo, Vila de Cruces e Silleda |
04/11/2025 |
09:00 h a 10:00 h |
En liña | Persoal de xustiza |
|
O Grove, Meaño, Sanxenxo, Vila de Cruces e Silleda |
04/11/2025 |
11:30 h a 12:30 h |
En liña | Persoal de xustiza |
|
O Grove, Meaño, Sanxenxo, Vila de Cruces e Silleda |
03/11/2025 |
09:00 h a 10:00 h |
En liña | Persoal de xustiza |
|
O Grove, Meaño, Sanxenxo, Vila de Cruces e Silleda |
03/11/2025 |
11:30 h a 12:30 h |
En liña | Persoal de xustiza |
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1 Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
- 2 Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- 3 Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
- 4 Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- 5 Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.
Podes acceder ao material de consulta e información de interese no espazo de traballo das Oficinas de Xustiza no Municipio: ir á páxina.