AUXILIO XUDICIAL - ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS - NOVA LISTA DEFINITIVA DE APROBADOS/AS

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro
Luns, 03 Mar 2025

Publicouse no BOE do 3 de marzo a Orde PJC/155/2026, do 27 de febreiro, pola que se modifica a Orde PJC/1496/2024, do 19 de decembro, pola que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario para acceso, polo sistema xeral de acceso libre, polo sistema de concurso, ao Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

Así mesmo correxiuxe un erro material na listaxe do ámbito de Canarias, declarandose aprobada a Esther Rodríguez Medina no lugar de Rita Maria Pérez Navarro.

As persoas aspirantes que figuran no anexo I da orde presentarán a correspondente solicitude de destino, axustada aos requirimentos e prazos que se establezan polo Ministerio e as Comunidades Autónomas competentes. Neste senso hai que ter en conta que o Ministerio non ofertará de momento prazas para obter destinos no seu territorio, en base á nota informativa publicada na páxina web, onde comunica que para iso deberá agardarse á finalización do concurso de traslados que se atopa a punto de rematar este mes de marzo.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: