AUXILIO XUDICIAL - ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS - OFERTA DE PRAZAS

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro
Luns, 03 Mar 2025

O 3 de marzo publicáronse no BOE as relacións de prazas correspondentes aos distintos ámbitos territoriais que se ofrecen ás persoas aprobadas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre por concurso de méritos, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro. Hai que ter en conta, no caso de Galiza e de todos os demais territorios, agas o Ministerio de Xustiza que non anunciou prazas, que o prazo para presentar as solicitudes comenzará a partir do 4 de marzo de 2026, día seguinte ao da publicación no BOE das respectivas ofertas.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE A SEGUIR EN GALIZA:

As solicitudes de destino deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica, no prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no «Boletín Oficial do Estado», segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

a) No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo de postos ofertados, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.
c) De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das relacionadas na súa instancia, por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinarlle, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicado no «Boletín Oficial do Estado».

Oferta de prazas Galiza:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5000.pdf

Oferta de prazas Euskadi:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-4999.pdf

Oferta de prazas Asturias:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5002.pdf

Oferta de prazas Cantabria:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5003.pdf

Oferta de prazas La Rioja:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5004.pdf

Oferta de prazas Comunitat Valenciana:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5006.pdf

Oferta de prazas Aragón:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5007.pdf

Oferta de prazas Navarra:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5008.pdf

Oferta de prazas Madrid:

https://www.boe.es/boe/dias/2026/03/03/pdfs/BOE-A-2026-5009.pdf