AUXILIO XUDICIAL - ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS - OFERTA DE PRAZAS CANARIAS

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro
Martes, 31 Mar 2026

No BOE do 30 de marzo publicouse a Resolución do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas, Xustiza e Seguridade, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Canarias que se ofrecen ás persoas aprobadas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse no Rexistro Xeral do Goberno de Canarias ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte á publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no «Boletín oficial del Estado», segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente. A Sede electrónica do Gobierno de Canarias está dispoñible a través da dirección electrónica: https://sede.gobiernodecanarias.org/sede/rge

Para máis información preme na ligazón: