AUXILIO XUDICIAL ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS - RENUNCIAS E EXCLUÍDOS

Convocatoira Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro
Mércores, 30 Abr 2025

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o seguinte acordo do Tribunal Cualificador Único do corpo e Auxilio Xudicial do proceso de estabilización por concurso de méritos:

O Tribunal Cualificador Único do Corpo de Auxilio Xudicial comunica ás persoas opositoras do proceso selectivo convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro para os efectos de transparencia e obxectividade que unha vez examinada a documentación dos 2115 aspirantes aprobados por Orde PJC/1496/2024 polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, faise pública as listas anonimizadas de persoas aprobadas que renunciaron expresa ou tacitamente, persoas aspirantes excluídas por presentación extemporánea de documentación, aspirantes requiridos de corrección de documentación e persoa aspirante en proceso de xubilación antes da finalización do proceso selectivo.

Indícase que conforme ao disposto na base 8.3 procederase a formar listas complementarias de persoas que superan o proceso selectivo, coa indicación de que a realización das mesmas está suxeita á estimación ou desestimación dos recursos interpostos en tempo e forma, que pode condicionar a orde das listaxes publicadas na web de persoas que non superaban o proceso por ámbitos territoriais.

As persoas aspirantes que se inclúan nas listas complementarias deberán presentar a documentación acreditativa, nun prazo non superior a CINCO DÍAS HÁBILES, desde a súa publicación na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, sen prexuízo doutras vías de comunicación por parte da Administración para facer saber a existencia destas listas complementarias, ás persoas que puidesen ser afectadas.

As seguintes comunicacións faranse por esta mesma vía.

Comunícase que contra a presente nota informativa non cabe recurso ningún conforme ao artigo 70.4 da Lei 39/2015; calquera incidencia motivada e xustificada comuníquese a cuauxilioconcurso2023@mjusticia.es.

Só se recibirán os emails motivados e relacionados co publicado na presente nota.

Ligazón listaxes renuncias e excluídas/os:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Listado%20renuncias%20y%20excluidos%20Auxilio%20Judicial%201288.pdf

Ligazón listaxes requeridas/os nova documentación:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Listado%20presentaci%C3%B3n%20extempor%C3%A1nea_jubilaci%C3%B3n_requeridos%20documentaci%C3%B3n%20Auxilio%201288.pdf