AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE - PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE PERSOAS QUE SUPERAN O PROCESO SELECTIVO
Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do TCU das probas selectivas para acceso, pola quenda libre, ao corpo de Auxilio Xudicial, convocadas pola Orde PJC/1437/2024, do 3 de decembro:
1º.- Finalizada a fase única de oposición das probas para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial, quenda libre, acórdase publicar a relación de persoas aprobadas do devandito proceso.
2º.- Na data que oportunamente se indicará, realizarase a valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas e do Dereito Civil Vasco.
3º.- Ao quedar prazas vacantes, da cota de reserva para persoas con discapacidade, nos ámbitos territoriais que se indican no Anexo II, procédese a realizar un chamamento a todos aquelas persoas aspirantes doutros ámbitos territoriais, do mesmo cupo de reserva para persoas con discapacidade que, presentándose ao último dos exercicios obtivesen unha nota igual ou superior ao cincuenta por cento da nota máxima posible e non superasen o proceso selectivo, segundo o establecido na Base 1.3 e 7.8
da convocatoria.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte á publicación deste acordo, para presentar a súa solicitude a través do correo electrónico auxilio1437@mjusticia.es, enchendo e achegando o modelo que se publica na web como anexo, solicitando por orde de preferencia o ámbito territorial que desexen.
4º.- As persoas aspirantes que non se achen incluídas na devandita relación, entenderase que non superaron o proceso selectivo e non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira neste proceso.
Para visualizar o acordo e os aprobados de Galiza preme nas seguintes ligazóns: