AVALIACIÓN PSICOSOCIAL DO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE PONTEAREAS
Tal e como solicitou a CIG, a Inspección de Traballo de Pontevedra acordou realizar unha proposta de requerimento á Dirección Xeral de Xustiza para que procedera a efectuar unha avaliación completa de riscos psicosociais no Tribunal de Instancia de Ponteareas, tendo especialmente en conta a avaliación dos diferentes postos de traballo en relación coa carga de traballo, a organización do servizo, a presión laboral, o clima laboral e as condicións organizativas.
Así mesmo tamén se solicita por parte da inspección a elaboración dunha planificación preventiva que incorpore todas e cada unha das medidas que se estimen necesarias a raiz dos resultados obtidos na avaliación, con fixación de responsable, prazo de execución e dotación orzamentaria ao efecto.
Para ver a resolución da inspección preme na ligazón: