Axudas de acción social: a pescada que morde a cola

Axudas de acción social: a pescada que morde a cola 29/10/2024
Na mañá de hoxe tivo lugar unha nova xuntanza da comisión de acción social para avaliar as axudas excepcionais que quedaran pendentes de achega de documentación adicional. A proposta da AEAT foi desestimalas practicamente todas. Unha vez revisadas as excepcionais, quedarían os datos seguintes:
Desde a CIG volvimos insistir na necesidade de ampliar os fondos do Plan de Acción Social de cara a vindeiras convocatorias posto que, este ano, novamente os fondos resultaron insuficientes para atender todas as solicitudes. A explicación da Dirección da AEAT foi que sen ter orzamentos xerais do Estado sería moi complicado, como se non levase anos conxelado o orzamento do PAS a pesar de aprobarse as contas do Estado
Neste sentido, volvimos advertir que a maioría de axudas do plan de acción social son para tratamentos de saúde e estudos e promoción do persoal, polo que entendemos que o incremento orzamentario estaría máis que xustificado. A Dirección da AEAT di que a promoción reducirase posto que xa existe La Academia, que ofrece preparación para a promoción interna. Porén, desde a CIG cuestionamos que La Academia non dá servizo para o 100% do persoal que quere preparar a promoción interna, polo que segue sendo preciso recorrer a academias e preparadores privados para boa parte do persoal, polo que entendemos que están a utilizar outro razonamento circular para manter a situación actual e ir preparando o terreo para un recorte de fondos para promoción que cuestionamos
A AEAT informa que ten a intención de pagar coa nómina do mes de novembro as Axudas Excepcionais aprobadas na comisión de Acción Social de hoxe.

MODALIDADE |
APROBADAS
|
REXEITADAS
|
Modalidade 2.1. (Ruptura Familiar) |
31
|
11
|
Modalidade 2.5. (Gastos tratamento saúde de carácter extraordinario |
11
|
61