AXUDAS DO PLAN DE ATENCIÓN SOCIO-SANITARIA DE MUXEXU
Lémbrase que con data 25 de decembro, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 16 de decembro de 2025, da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se convocan as axudas correspondentes ao Plan de Atención Socio-Sanitaria para o ano 2026, dirixidas a mutualistas e beneficiarios que se atopen en situación de especial necesidade.
O Plan inclúe os seguintes programas:
Atención a persoas maiores.
Atención a persoas con discapacidade.
Programas de apoio en materia de drogodependencias.
Axudas para a adquisición de produtos ortoprotésicos.
Poderán ser beneficiarios destas axudas os mutualistas, titulares non mutualistas e os seus beneficiarios.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2026.
As solicitudes poderán presentarse preferentemente a través da Sede electrónica, dispoñible as 24 horas e que permite unha tramitación máis áxil, ou ben nas oficinas e delegacións provinciais de MUGEJU, no caso de persoas non obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración.
Para ver a resolución completa preme na ligazón: