BOLSAS DE LETRADOS E LETRADAS SUBSTITUTAS

Publicación de novas listaxes provisionais e de persoas indebidamente excluídas (Resolución de 3 de novembro)
Venres, 03 Nov 2023

Publicación de novas listaxes provisionais e de persoas indebidamente excluídas.

​Unha vez resoltas as alegacións presentadas, publícanse as listaxes provisionais das persoas seleccionadas para formar parte das bolsas de letradas substitutos e letrados substitutos da Administración de Xustiza, as listaxes provisionais das persoas excluídas e as listaxes provisionais do resto de candidatas e candidatos que obtiveron puntuación na presente convocatoria.

Contra estas listaxes xa non se poden presentar alegacións, excepto os candidatos que foron indebidamente excluídos e aos que se lles da un prazo de dez días hábiles (do 6 ao 17 de novembro), para que poidan presentar alegacións contra a baremación fixada, ante a Secretaria ou Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza correspondente á provincia que solicitaron en primeiro lugar, na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Se queres acceder a resolución completa, podes premer no enlace:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-letradas-sustitutas