CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE E DO COVID 19

Mércores, 08 Out 2025

Na páxina web da MUXEXU publicouse a seguinte nota informativa:

Seguindo as Recomendacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, as comunidades autónomas levarán a cabo a campaña de vacinación fronte ao COVID-19 e a gripe na tempada de outono-inverno de 2025-2026, que  se iniciará a partir da última semana de setembro e durante o mes de outubro (a data poderá adaptarse en función da dispoñibilidade de vacinas).

A vacinación contra o COVID-19 recoméndase aos grupos de poboación que presentan un maior risco de complicacións ou cadros graves en caso de padecer a infección, así como ao persoal sanitario e sociosantario, e ao persoal de servizos públicos esenciais.

Para máis información preme na seguinte ligazón:

https://gripe.sergas.es/Contidos/DocumentosCP/Infor_Basica_Campan%CC%83a_2025_(Gal)_v1.pdf