
CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE - REVISIÓNS MÉDICAS PERIÓDICAS

Publicouse no DOG do 04/02/2025 a RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).
O prazo de inscrición rematará transcorrido catro meses (5 de xuño) contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Para máis información preme na ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250204/AnuncioG0759-140125-0004_gl.pdf