Campaña informativa perda continuada de poder adquisitivo do persoal da AEAT

Mércores, 10 Xun 2026

A CIG-AEAT está a visitar os distintos centros de traballo da Axencia Tributaria para presentar unha campaña informativa centrada na perda continuada de poder adquisitivo do persoal e nas medidas que consideramos necesarias para poñerlle freo.

Mentres a AEAT continúa acadando máximos históricos de recadación e incrementando os seus obxectivos, o seu persoal segue vendo como os salarios perden valor ano tras ano. Esta situación é especialmente grave nun organismo que se sostén grazas ao esforzo diario de miles de traballadoras e traballadores que ven deterioradas as súas condicións económicas.

A través desta campaña queremos explicar as propostas que a CIG defende tanto no conxunto das Administracións Públicas como na propia AEAT, entre elas a implantación dunha Cláusula de Garantía Salarial vinculada ao IPC real, a actualización das retribucións, a mellora dos acordos de carreira, mobilidade, teletraballo e produtividade, así como a defensa dos dereitos do persoal fronte aos continuos intentos de recorte e deterioración das condicións de traballo.

Achegámosvos o material da campaña e animámosvos a participar nos encontros que iremos realizando nos distintos centros, trasladándonos as vosas dúbidas, propostas e preocupacións.
Porque a defensa dos nosos dereitos e do noso salario é unha tarefa colectiva.