CCOO,UXT e CSIF asinan co PP a limitación do dereito a folga

O Acordo do persoal funcionario e o Convenio Colectivo do persoal laboral da Comunidade de Madrid publicados no BOCM o 23/12/2024 inclúe o seguinte texto:
Xoves, 23 Xan 2025

"Las organizaciones sindicales que suscriben el presente acuerdo se comprometen a no promover durante toda su vigencia, directamente o a través de una de sus federaciones o sindicatos asociados, de sus secciones sindicales o de los órganos de representación unitaria en los que, individual o conjuntamente, ostenten la mayoría de miembros, huelgas, concentraciones, manifestaciones, campañas o cualquier otra medida de conflicto colectivo que tengan como finalidad o como efecto, directos o indirectos, la modificación de lo acordado, de conformidad todo ello con el principio de buena fe negocial. De producirse un incumplimiento de lo anterior, y tras la exposición ante la comisión de seguimiento de los hechos en que se haya concretado el mismo, la Administración podrá acordar la suspensión de la implantación de la carrera profesional horizontal, incluida la interrupción de sus efectos retributivos, en tanto se mantenga aquél."

 

Non só se autolimitan a si mesmos, senón que extenden esa limitación aos órganos de representación do persoal empregado público, trasladando ao conxunto dos traballadores as consecuencias de exercer os seus dereitos fundamentais recollidos no artigo 28 da Constitución Española.

O artigo 28.2 recoñece o dereito á folga para a defensa dos intereses dos traballadores. Con todo, os dirixentes políticos da Comunidade de Madrid, así como os sindicatos asinantes do acordo do persoal funcionario e do Convenio Colectivo do persoal laboral (que son os mesmos), consideranse con capacidade para restrinxir este dereito fundamental, asinando e publicando acordos que limitan o dereito á folga.

Ademais, o acordo tamén contempla a limitación de concentracións, manifestacións, campañas ou calquera outra medida de conflito colectivo, co fin de reducir ao mínimo as posibilidades de defensa dos traballadores.

É lamentable que algúns dirixentes políticos intenten impoñer a súa visión das relacións laborais como unha entrega total dos traballadores ao capital. Aínda máis lamentable é que organizacións sindicais como CC.OO, UGT e CSIF acepten e asuman esta entrega das ferramentas de defensa dos intereses da clase traballadora. Este cambio de enfoque, pasando dun sindicalismo de concertación a unha autolimitación no exercicio dos dereitos, marca unha tendencia desmobilizadora que reduce a capacidade de actuación colectiva.

Este acordo tamén trasladará as consecuencias de exercitar estes dereitos aos órganos de representación do persoal empregado público, demostrando o pouco valor que estas organizacións dan á representación directa das traballadoras e traballadores nas eleccións sindicais. Ademais, dan as garantías para que a Administración poida suspender a implantación da carreira profesional horizontal, incluso interrompendo os seus efectos retributivos.