CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO - PROBLEMAS COA ASIGANCION DE UNIDADES COMPARTIDAS, MATERIAL DE OFICINA E PERMISOS

Mércores, 25 Feb 2026

Por medio do presente escrito poño en coñecemento desa Dirección Xeral, unha serie de situacións que poderían supoñer riscos en materia de protección de datos, seguridade informática e correcto funcionamento administrativo.

Primeiro.- Concedeuse a determinados funcionarios/as como é o corpo de auxilio e tramitación habilitación que permite o acceso e visualización de todas as carpetas compartidas, con independencia do servizo común ou unidade administrativa á que pertenzan, sen aparente limitación baseada nas funcións ou competencias asignadas.

Posible vulneración normativa: Regulamento Xeral de Protección de datos (RXPD), Lei Organica 3/2018 (LOPDGDD), Lei 40/2015.

A habilitación xeneralizada podería facilitar accesos non necesarios, incrementando o risco de filtraccións accidentais ou indebidas.

Segundo.- Así mesmo, estase encomendado aos tramitadores/as a función de solicitude de material, tarefa que non se correspònde estritamente coas suas funcións propias e que está a xerar, confusión na loxistica, falta de claridade na cadea de responsabilidade, risco de descontrol no inventario e subministración, levando todo o material ao servizo común de notificacións e embargos, porque é o unico que aparece como servizo común.

Terceiro.- Ademaís das incidencias anteriormente expostas,  ponse de manifesto unha nova problemática derivada da comunicación interna emitida pola Dirección do Servizo Común Xeral de Vigo, de data 14 de xaneiro de 2026. Na devandita comunicación indícase que o persoal de auxilio deberá comunicar ao compañeiro/a asignado para substituilo si vai a solicitar un permiso, facendo constar esta circunstancia ao auxilio-xefe correspondente a través do correo electrónico. (Os permisos se solicitaran a traves do opax).

Cómpre sinalar que os permisos deben estar suxeitos ao criterio, valoración e autorización do superior xerárquico competente, conforme á normativa reguladora do persoal ao servizo da Administración de Xustiza e aos principios de organización administrativa.

O actual modo de operar pode xerar:

. Duplicidade de trámites (correo electronico + OPAX).

. Traslado da responsabilidade organizativa ao ámbito horizontal entre compañeiros.

. Indefinición na cadea de mando.

. Situación de presión informal entre compañeiros.

. Posibles conflitos laborais.

. Risco de desigualdade de trato.

. A intención de pedir o permiso e ter que comunicalo ao teu compañeiro non e un acto administrativo, e tampouco o correo ao auxilio-xefe,  así mesmo non ven contemplado na resolución do 18 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG. 31/10/2024)

Solícitase, en base ao anterior, que se teñan en conta as incidencias descritas e se adopten as medidas organizativas e correctoras necesarias para restablecer a claridade competencial, garantir a seguridade da información, evitar conflitos internos e asegurar o correcto funcionamento do servizo público.

Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón: