Comisión Paritaria de Formación para o Emprego da AXE .- INAP
Este mércores 29 de abril , reuniuse a Comisión Paritaria de Formación para o Emprego da Administración Xeral do Estado, para sacar adiante os plans de formación do persoal empregado público de carácter unitario e interdepartamental presentados polos promotores da Administración Xeral do Estado e polo INAP no exercicio 2026.
A CIG denunciou o que considera un recorte na formación do persoal da Administración Xeral do Estado (AGE) tras a aprobación dos plans formativos para 2026 na última reunión correspondente.
A proposta presentada supón unha redución dos fondos a repartir respecto ao ano 2025, a propia Administración recoñeceu durante a reunión que foi necesario aplicar un factor de corrección xeral, obrigando a numerosos organismos a adaptar os seus plans á baixa.
Para a CIG, este feito evidencia que non se están cubrindo as necesidades reais de formación, nun contexto no que aumentan as cargas de traballo e se intensifican os procesos de modernización e dixitalización da Administración.
O modelo de distribución dos fondos, que continúa baseado en criterios como a execución de anos anteriores ou ratios medios por efectivo. Outro dos aspectos cuestionados é o incremento da xestión centralizada dos fondos, o que, segundo a CIG, reduce a capacidade dos organismos para adaptar a formación ás súas necesidades específicas.
A Administración non someteu a votación esta proposta, simplemente pediu opinións ao respecto