Comisión Permanente da Mesa Xeral de Negociación da AXE

Mércores, 10 Set 2025

  Este 9 de setembro, a Administración convocou, dentro do marco do novo acordo de ordenación da negociación, a primeira comisión permanente da MNAXE para elaborar un calendario de traballo, basado nunha premisa errada, “negociación”, algo que non existe con este Goberno.

  Desde a CIG denunciamos, unha vez máis, a ruptura total de negociación por parte da Administración do Estado, que utiliza os ámbitos de negociación para que as organización sindicais validemos un modelo de Administración que se nos presenta xa pechado e que ignora os dereitos laborais máis básicos.

  O calendario de traballo ten como pilar o documento de “Administración Aberta” documento que pretende desenvolver e impoñer sen ser avalidado nin negociado por ningún sindicato. A situación foi subrealista, a administración quere que nesta comisión definamos que elementos do documento son negociables, A CIG lembroulle que esas materias a negociar xa veñen recoñidas na EBEP. 

   A CIG denuncia que hai problemas estruturais que seguen sen ser abordados que precisamos abordar dun xeito inmediato, como un acordo salarial, a xubilación parcial, a xornada de 35 horas, a perda de persoal, o teletraballo, eliminación taxa reposición, etc. Manifestamos que a chamada “administración aberta” non é máis ca un decorado para tapar unha realidade insostible, e que non serve para mellorar as condicións de traballo, nin para reducir a temporalidade, nin para dignificar carreiras profesionais. Asistimos a un discurso retórico dun sistema mal planificado e cada vez máis ineficaz.

Seguidamente a administración limitouse a informandonos sobre os procesos selectivos, quedando en evidencia a súa iincapacidade de reducir os prazos nos procesos selectivos.