COMISIÓNS DE SERVIZO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS

Postos ofertados o pasado 15 de setembro de 2023
Venres, 29 Set 2023

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 15 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza

Vistas as solicitudes presentadas, a Dirección Xeral acorda facer públicas a listaxe provisional cas puntuacións acadadas por cada participante da convocatoria, así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión.

De non estar conforme e dacordo co artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Se precisas ver a resolución completa podes premer no enlace:

Resolución 29/09/2023