COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 14-05-2025

Xoves, 15 Mai 2025

Onte tivo lugar a convocatoria do Cómite de Seguridade e Saúde tras unha mesa sectorial na que se seguiron perfilando os criterios do proceso deiImplantación dos tribunais de instancia.

No Comité deuse conta dalgúns arranxos procedentes das avaliacións feitas nos edificios xudiciais, e a programación de visitas para o ano 2025. En canto ás actuacións, das que a CIG solicitou que se dera traslado por escrito, informousenos sobre a colocación de iluminarias en Santiago, o sistema de calor e os problemas na ventilación en Tui, humidades nos xulgados de Lugo e na audiencia de Pontevedra….

Por parte da CIG, comentamos que as obras da audiencia de Pontevedra non están executadas, contestandonos que se informarían ao respeto.

En canto ás obras de Lugo, o cambio do sistema de aire acondicionado estaba orzamentado para o 2026, pero dada a importancia das obras na cuberta do edificio, vaise acometer todo este ano.

Arquivos de xestión da rúa Lalín (Vigo): a día de hoxe atópanse en parte no edificio antigo e outra parte no garaxe; dado que se vai proceder ao traslado do Rexistro Civil os días 26 e 27 de maio, o arquivo quedará, unha parte nunha sala que están habilitando en estanterías e outra irá para a Cidade da Xustiza.

Medición do gas Radon: están a espera das conclusións de medicións xa feitas e o DX asegurou que neste ano se fará en tódolos edificios xudiciais galegos, apuntando que a avaliación nos sotos soamente se fará naquelas estancias onde @s traballador@s pasen mais de 50 horas ao ano.

Están coordinándose cos Concellos, tanto para facer instalacións para arquivos, como para edificios xudiciais. Seguen en estudio Padrón, Noia, Vilagarcía e Muros.

Desfibriladores:: van seguir colocándose no resto de edificios xudiciais.

Edificio novo da Estrada: calculan ter rematada a obra a finais do verán.

Ademais do indicado ata o de agora a CIG seguiu insistindo na necesidade dun protocolo de acoso coordinado entre Administracións, así como o de igualdade, pero está costando traballo sacalo adiante.

Teletraballo: parece que se vai abordar despois do verán, coincidindo co remate do reparto dos ordenadores portátiles nas cidades

Por último solicitamos outra vez que nos dean traslado do que van arranxando, así como facer as reunións do Comité de Seguridade e Saúde de xeito máis periódico, expoñendo ao final que de nada valen uns informes de avaliación tan bos se non se executan e ao volver a facer a avaliación aparecen as mesmas eivas.

Por último a DX nos informou que en breve visitará varios edificios xudiciais da fase I e que Cangas terá a visita arredor do día 22 dado que vai ser piloto para o estudo da compatibilidade dos xulgados de xustiza municipal cos Tribunais de instancia.