CONCENTRACIÓN ANTE A DELEGACIÓN DO GOBERNO EN RECLAMACIÓN DUNHA NEGOCIACIÓN COLECTIVA REAL E XUSTA

Venres, 13 Mar 2026

A Área Pública da CIG convoca unha concentración fronte á Delegación do Goberno na Coruña, o próximo mércores, 18 de marzo, ás 11:00 horas, para reclamarlle á administración estatal a toma en consideración das reclamacións recollidas na demanda presentada e admitida a trámite polo Tribunal Central do Contencioso-Administrativo, en base as reivindicacións da CIG para a recuperación dos dereitos roubados ao persoal ao servizo das administracións públicas.

Seguimos a mobilizarnos para reclamar unha negociación colectiva real e xusta, poñendo enriba da mesa os intereses das traballadoras e traballadores dos servizos públicos, debido á por vulneración do dereito á negociación colectiva fronte a administración do estado e o seu acordo con UXT, CCOO e CSIF, ADIANTE! Acompáñanos! #ALoitaContinúa

Para máis informacion preme nas ligazóns:_

https://cig.gal/nova/admitida-a-tramite-a-demanda-da-cig-e-ela-contra-a-administracion-do-estado-por-vulneracion-do-dereito-a-negociacion-colectiva.html

https://www.facebook.com/share/p/14Wt2FkGsJq/

https://www.instagram.com/p/DV0jJKUjLUn/?igsh=dW44YWUxMDV4a3Y1