CONCURSO DE MÉRITOS ESTABILIZACIÓN DE AUXILIO E XESTIÓN E CONCURSO-OPOSICIÓN DOS TRES CORPOS

Convocatoria Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro
Mércores, 06 Mai 2026

O Ministerio indicou que en breve publicarán a resolución de adxudicación dos destinos ao corpo de Auxilio e de Xestión, do proceso de concurso de méritos convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.
Así mesmo informou que, ás aprobadas/os do concurso-oposición do proceso convocado pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, vanlles ofertar a continuación as súas prazas para elección de destino, pero seica hai territorios que aínda non comunicaron as mesmas, polo que este anuncio hai que collelo con moita cautela.