CONCURSO ESPECÍFICO FISCALÍA A CORUÑA - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN

Luns, 22 Xun 2026

O pasado 19 de xuño publicouse na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes así como na intranet a Resolución do 19 de xuño de 2026, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, convocado pola Resolución do 19 de maio de 2026.

As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren convenientesobre os resultados da valoración dentro dos CINCO (5) DÍAS HÁBILES seguintes ao da publicación desta resolución e deberán presentar as alegacións na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: