Continuamos cas mobilizacións en Defensa

Luns, 01 Dec 2025

CONCENTRACIÓN ANTE O ARSENAL DE FERROL

Mércores 17 de decembro – 11:00 h.

A semana pasada comezamos a ver reflectido nas nosas nóminas o resultado de meses de mobilizacións do persoal civil do Ministerio de Defensa. Un avance do que debemos congratularnos colectivamente, pois foi conquistado exclusivamente grazas á nosa determinación e á acción colectiva.

Un primeiro paso que confirma o que sempre dixemos

 

O conflito salarial non o provocou o persoal civil: foi o propio Ministerio quen decidiu incrementar só as retribucións da parte militar, deixando atrás de maneira discriminatoria ao persoal civil. Desde o inicio afirmamos que só a mobilización activa podería arrincar avances reais, porque así o demostra a historia da clase traballadora, os dereitos conquístanse na rúa, non en acordos de despacho, e menos cando algunhas elites sindicais renuncian ao poder transformador da participación do persoal.

O que estamos a cobrar non é o que reclamamos

A mellora aplicada na nómina de novembro:

• non coincide coa cantidade reclamada, • non é consolidable nos termos que esiximos,

• foi imposta unilateralmente polo Ministerio, sen negociación real (polo menos coa CIG),

• e responde unicamente á presión da mobilización.

É unha medida pensada para gañar tempo, rebaixar a tensión e tentar desactivar o malestar crecente do persoal.

Novas ameazas de discriminación

Agora máis que nunca é imprescindible manterse mobilizado, porque:

• o conseguido debe consolidarse,

• é necesario seguir mellorando as condicións salariais,

• e xa hai noticias dun novo incremento para o persoal militar antes de rematar o ano, que agravaría aínda máis a desigualdade e o trato discriminatorio cara o persoal civil.

Na asemblea celda o 20 debrae novembro, o persoal acordou retomar as concentracións diante do Arsenal de Ferrol.

A vindeira mobilización será o mércores 17 de decembro ás 11:00 h

Á porta principal do Parque do Arsenal – Ferrol

Dirixida ao conxunto do persoal civil do Ministerio de Defensa en Ferrol.

A CIG actúa tamén no ámbito negociador

Ao día seguinte de que Defensa estendese a mellora tamén ao persoal funcionario, desde a CIG solicitamos por escrito a convocatoria da Mesa Delegada, cun único punto central as retribucións do persoal civil.

Na nosa petición esiximos aclaracións sobre:

• a actualización da folla de ruta para mellorar as retribucións, xa obsoleta tras os últimos acontecementos,

• os criterios para fixar a denominada “gratificación” de 2.400 €,

• a orixe e continuidade do financiamento de Facenda para estas gratificacións,

• e a confirmación ou desmentido dun novo aumento salarial para o persoal militar.

A resposta chegou a semana pasada, convócase Mesa Delegada o xoves 18 de decembro en Madrid, cun único punto: “MUA y Productividad”.

Entramos nunha fase clave para blindar os avances logrados e impedir novas discriminacións. Por iso:

Chamamos a todo o persoal civil do Ministerio de Defensa en Ferrol a manter e reforzar a mobilización.

Continuemos a loitar por salarios dignos para o persoal civil de Defensa!