CONVOCADA MESA SECTORIAL COA DXX

Xoves, 21 Mai 2026

Tras reclamar en numerosas ocasións que se convocara xa a Mesa Sectorial para tratar as eivas e dificultades que se están a dar  na Administración de Xustiza, hoxe o Director Xeral convoucounos á Mesa Sectorial que se celebrará o vindeiro martes 2 de xuño ás 10:30 na EGAP, coa seguinte orde do día: 

1. Seguimento e avaliación da implantación da Nova Oficina Xudicial en Galiza. Propostas de revisión da Resolución de estrutura e das RPT.

2. Adecuación de espazos.

3. Sinalética.

4. Implantación do sistema procesual ATENEA. Aplicación HIJWEB.

5. Rogos e preguntas.

Manterémosvos informadas/os de todo o que se comenta ese día.