CONVOCADAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Mércores, 09 Abr 2025

No día de hoxe publicouse no DOG resolución pola que se convocan actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal da Administración de Xustiza, entre outros.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de abril de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Accede na seguinte ligazón a resolución completa publicada no DOG: