CONVOCADAS AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA DA EGAP
Publicouse hoxe no DOG a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
Requisitos dos/das participantes:
1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral de Galiza, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Galiza.
Solicitudes:
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 11 de xuño de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.
Consulta a publicación completa na ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260604/AnuncioO150-260526-0001_gl.html