
CONVOCADAS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Hoxe publicouse no DOG a Resolución de 4 de abril de 2025 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel de Iniciación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza.
Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 22 de abril de 2025.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
Calendario das probas
As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.
Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas EGAP/Amtega de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.
Accede na seguinte ligazón a resolución completa publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250411/AnuncioO150-040425-0002_gl.html