CONVOCADO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Mércores, 17 Xun 2026

Tras a insistencia da CIG para que se convocase o Comité de Seguridade e Saúde, cuxo principal asunto debería ser o traslado dos resultados das medicións de radon, e despois de dar un prazo de dez días para a súa convocatoria advertindo de que, en caso contrario, acudiriamos á Inspección de Traballo, por fin conseguiuse a súa convocatoria. Será o vindeiro 30 de xuño de 2026.

A falta de saber a orde do día, esperemos que o asunto principal sexa o traslado dos índices, tal e como ven solicitando a CIG non só ante o Comité senón ante a Inspección de Traballo e o Comité de Seguridade Nacional.