CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS VILAS
Publicouse no DOG do 7 de novembro a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Debido á estrutura das unidades organizativas dentro dos partidos xudiciais afectados pola primeira fase de implantación e axuste dos tribunais de instancia, cada número de orde referirase unicamente a un posto.
Polo anterior, cada vacante identificarase por un número de orde correspondente a un só posto da unidade organizativa. Coa solicitude do dito número de orde solicítase unha soa praza vacante do corpo existente no dito órgano.
Se pode solicitar unha praza no mesmo SCT TI onde se está destinado.
Tamén poderán solicitarse as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas.
Non teñen a consideración de resultas aquelas prazas que deixe desertas o persoal funcionario participante noutros concursos simultáneos a este.
Durante o período de presentación de solicitudes exporase na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es) e nos departamentos competentes das consellerías das comunidades autónomas con transferencia de funcións en materia de provisión de medios persoais ao servizo da Administración de xustiza a relación de unidades organizativas da mesma natureza que as convocadas que se poden solicitar, con indicación do número de orde das ditas unidades.
Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de números de orde que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resulta non poderá superar os 200 números de orde, entendendo que cada número de orde comprende unha soa vacante anunciada da unidade organizativa de que se trate.
Todas as solicitudes dos modelos V-1, V-2 e V-3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.
Todas as persoas interesadas que participen neste concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, a nivel nacional, deberán cubrir a solicitude por medios telemáticos entrando na páxina web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:
Non se presentará ningunha instancia de participación no concurso en formato papel.
Poderá admitirse a renuncia á participación no concurso dentro do prazo de presentación de instancias e durante os dez días hábiles seguintes ao do remate do dito prazo.
O prazo de presentación de instancias será de 7 (sete) días hábiles contados a partir da publicación da resolución de convocatoira. O prazo remata o 18 novembro.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2025/11/07/pdfs/BOE-A-2025-22542.pdf
Manual do usuario para a inscripción:
Aplicación inscripción concurso:
https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/GTA
Ligazóns prazas a resultas: