CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA

Mércores, 25 Xun 2025

Convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso académico 2025/26.

Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galiza figuran no anexo I desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e abril.

A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e maio.

A oferta de cursos recollida nos anexos I e II desta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre

Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

O alumnado con discapacidade recoñecida oficialmente farao constar na súa solicitude. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes do departamento territorial respectivo, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación (punto quinto desta resolución), para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Consulta a resolución completa e os respectivos anexos na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0761-160625-0001_gl.html