
CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL PARA A NEGOCIACIÓN DA FASE III
A DXX convocounos a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día 2 de xuño, ás 10:30 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Propostas de RPT da Fase III.
- Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
- Proposta de anteproxecto de regulamento do IMELGA.
- Rogos e preguntas.
Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte documentación.
- Borrador da acta da Mesa sectorial do 14 de maio.
- Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.
- Borrador da proposta de méritos a considerar nas RPT para os distintos postos singularizados.
- Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.
- Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.
- Borrador do anteproxecto de regulamento do IMELGA previo ao inicio da tramitación para a súa aprobación.