CONVOCATORIA DA PROBA DO CELGA 4 EN LIÑA

Convocatoria Resolución do 8 de outubro de 2025
Martes, 21 Out 2025

No DOG do 16 de outubro de 2025 saíu publicada a Resolución do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de cen (100). A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia e no propio Portal da Lingua. Se se reciben máis solicitudes ca prazas dispoñibles, a asignación destas farase a través dun sorteo aleatorio puro.

Prazo de presentación de solicitudes (10 días hábiles): do 17 ao 30 de outubro.

Ademais da presentación desta solicitude a través da sede electrónica, as persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal)

Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os requisitos técnicos indicados na convocatoria.

Con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización. A proba en liña seguirá os mesmos parámetros que as probas presenciais.

Para máis información preme na ligazón:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0033.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal