CONVOCATORIA DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2026
Publicouse no DOG do 18 de maio a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino en Galiza.
Poderá solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e o persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos/as forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as ou de excedencia por coidado de familiares e ter destino en Galiza, así como reunir os restantes requisitos exixidos por este programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social.
Tamén poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestasen servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o f inal da acción social do ano pasado (día 3.6.2025) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (3.6.2025) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o dito período.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 8 de xuño) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza) no enderezo https://www.xunta.es/sxpa/AIX/
Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón: