CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS DOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO 2025

Convocatoria Orde PJC/1549/2025, do 22 de decembro
Martes, 30 Dec 2025

Publicouse no BOE do 30 de decembro a Orde PJC/1549/2025, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, nos Corpos Nacionais de Xestión, Tramitación e Auxilio.

Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar e presentar electronicamente o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública e liquidación de taxas de dereitos de exame (modelo 790), que estará dispoñible no servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://administracion.gob.es/pag_Home/index.html)

A presentación da solicitude realizarase na seguinte ligazón https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza. A non presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a exclusión da/o aspirante.

O importe da taxa por dereitos de exame para a quenda libre será de:

– Xestión Procesual e Administrativa: 23,33 euros e 11,67 euros para as familias numerosas de categoría xeral.
– Tramitación Procesual e Administrativa: 15,57 euros e 7,79 euros para as familias numerosas de categoría xeral.
– Auxilio Xudicial: 11,66 euros e 5,83 euros para as familias numerosas de categoría xeral.

Para ver completa a orde de convocatoria preme na ligazón: