CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS M.FORESES 2025

Convocatoria Orde PJC/1537/2025, do 18 de decembro
Luns, 29 Dec 2025

Publicouse no BOE do 29 de decembro a Orde PJC/1537/2025, do 18 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses.

Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar e presentar electronicamente o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública e liquidación de taxas de dereitos de exame (modelo 790), que estará dispoñible no servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://administracion.gob.es/pag_Home/index.html)

A presentación da solicitude realizarase no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza.
A non presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a exclusión da/o aspirante.

O importe da taxa por dereitos de exame para a quenda libre será de 31,10 euros e de 15,55 euros para as familias numerosas de categoría xeral.

Para ver a orde de convocatoria preme na ligazón: