CONVOCATORIA DE PRAZA DE LIBRE DESIGNACIÓN EN PONTEVEDRA
No DOG do 28 de xaneiro publicouse a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de Xustiza vinculado ao centro de destino "Secretaria de Goberno":
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Corpo |
Observacións |
|
XG92589000150307014.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Pontevedra |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Pontevedra |
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e mais o posto ao cal aspiran, no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.
Canda a solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.
Igualmente, xuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.
A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizarlles unha entrevista persoal ás persoas interesadas.