CONVOCATORIA DE PROBAS PARA O CERTIFICADO DE IDIOMA GALEGO CELGA 2, 3 E 4

Venres, 12 Set 2025

Publicouse no DOG  do 12/09/2025 a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).

Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Madrid

Celga 2

Celga 3

Celga 4

As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón: