
CONVOCATORIA POSTO EN COMISIÓN DE SERVIZO NO IMELGA

Publicouse a convocatoria dun posto en comisión de servizo no IMELGA.
Postos ofertados: Director/a do Instituto de Medicina Legal de Galicia
1. Características do posto Posto: XG9251810015770301.01
Centro Xestor: Dirección Xeral de Xustiza
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Dirección. Santiago de Compostela (A Coruña)
Forma de provisión: Libre designación
2. Funcións As funcións que corresponde exercer no posto de traballo obxecto desta convocatoria son as dispostas no artigo 7 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG do 18 de maio de 2005).
3. Requisitos de participación Corpo: Médico Forense. Situación Administrativa: en activo. Experiencia profesional: 5 anos como médico forense.
4. Formación específica Coñecementos específicos e experiencia nas áreas de actuación propias da medicina forense. Coñecementos en materia de organización do traballo e xestión do persoal. Formación en técnicas de comunicación e atención ao público.
5. Criterios de adxudicación Xuntarase coa instancia un curriculum vitae e unha memoria asinada en que, nunha extensión non superior aos 10 folios, a persoa candidata realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.
Consulta aquí a resolución completa: