CONVOCATORIA PROMOCIÓN INTERNA 2025 CORPO DE TRAMITACIÓN

Convocatoria Orde PJC/1550/2025, do 22 de decembro
Martes, 30 Dec 2025

Publicouse no BOE do 30 de decembro a Orde PJC/1550/2025, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna polo sistema de concurso-oposición, no Corpo de Tramitación.

Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar e presentar electronicamente o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública e liquidación de taxas de dereitos de exame (modelo 790), que estará dispoñible no servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://administracion.gob.es/pag_Home/index.html)

A presentación da solicitude realizarase na seguinte ligazón https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza. A non presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a exclusión da/o aspirante.

O importe da taxa por dereitos de exame para a promoción interna será de 7,79 euros (3,90 euros en caso de familias numerosas de categoría xeral).

Para ver a orde completa preme na seguinte ligazón: