CONVOCATORIA PROMOCIÓN INTERNA 2025 CORPO DE XESTIÓN

Convocatoria Orde PJC/1572/2025, do 22 de decembro
Venres, 02 Xan 2026

Publicouse no BOE do 2 de xaneiro a Orde PJC/1572/2025, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna polo sistema de concurso-oposición, no Corpo de Xestión.

Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar e presentar electronicamente o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública e liquidación de taxas de dereitos de exame (modelo 790), que estará dispoñible no servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://administracion.gob.es/pag_Home/index.html)

A presentación da solicitude realizarase na seguinte ligazón https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza. A non presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a exclusión da/o aspirante.

O importe da taxa por dereitos de exame para a promoción interna será de 11,67 euros e de 5,84 euros para as familias numerosas de categoría xeral.

Para ver a orde completa preme na ligazón: