CSSI: a CIG urxe a adoptar medidas fronte ao radón para situarnos nos umbrais de seguridade que marca a OMS

Venres, 16 Out 2026

A CIG volveu insistir no Comité de Seguridade e Saúde Intercentros (CSSI) na necesidade de adoptar medidas estruturais en todos os edificios da AEAT en Galiza fronte ao radón. Desde a CIG cuestionamos que o obxectivo da AEAT estea a ser situar as medicións por baixo dos 300 becquerels que marca a normativa estatal como tope- advertindo que é igual de perigoso para a saúde humana estar en 299 que en 301, que se trata dunha simple trampa estatística para cumprir coa normativa

Neste sentido, desde a CIG volvimos insistir en que existen numerosos centros da AEAT en Galiza con niveis de radón superiores aos 300 becquerels, así como casos especialmente graves como a Delegación de Ourense – que suma ademáis outros moitos problemas como a moi deficiente climatización, especialmente para facer fronte ás vagas de calor
Lembramos que oradón é un gas canceríxeno recoñecido pola OMS, que recomenda niveis por debaixo dos 100 becquerels, mentres que a AEAT continúa conformándose co límite legal de 300. Na CIG botamos en falta un programa de medidas estruturais alén da ventilación para rebaixar aos límites definidos como seguros pola OMS
Neste sentido, seguimos a insistir desde a CIG en que o obxectivo a perseguir ten de ser situar os límites de radón por baixo dos 100 becquerels que a OMS cualifica como seguros, a eliminación dos postos de traballo en sotos, semi sotos, baixocubertas e outros lugares sen ventilación e a realización de estudos epidemiolóxicos ao persoal que está ou estivo durante anos en dependencias nas que se detectaron cantidades elevadas de radón- ou que estiveron en contornas actualmente clausuradas a causa disto, como acontece en Ourense
Memoria preventiva: 10% das baixas son por saúde mental
Os responsables da AEAT presentaron a memoria de actividades preventivas realizadas. Destaca especialmente que o 10% das situacións de baixa do persoal da AEAT sexan a causa de problemas de saúde mental. Isto fainos pensar que urxe afinar a avaliación de riscos psicosociais para determinar as causas destas baixas e do elevado nivel de estrés que aflora na memoria. Tanta presión e présas por obxectivos semella ter consecuencias