
CURSOS DE AUTOFORMACIÓN DA EGAP

Publicouse no DOG do 2 de xuño a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2025 pola que se convoca o programa de AUTOFORMACIÓN para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día 3 de xuño ata o 12 de xuño de 2025. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do día 13 de xuño de 2025, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.
Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2025, agás para os seguintes contidos, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2025:
AF25008: a xurisdición contencioso-administrativa.
AF25010: aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
AF25015: aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
AF25020: básico de subvencións e normativa aplicable.
AF25048: políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
AF25064: uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
Para ver a resolución completa preme na ligazón: