CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA 2026

Mércores, 11 Feb 2026

Publicouse no DOG do 11/02/2026 a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

O número de prazas por curso será de 25

Para máis información preme na ligazón