
CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DE FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Publicouse no DOG do 14 de maio a RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Os cursos van dirixidos a maxistrados/as, xuíces/as, fiscais, letrados/as da Administración de xustiza, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de maio de 2025 ata o 21 de maio de 2025.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na letra a) desta base, as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo <xestion.egap@xunta.gal>, especificando no asunto do correo o código do curso solicitado, a seguinte documentación:
1. Documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza, tomando como referencia a primeira toma de posesión.a
Para máis información preme na ligazón: