CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DE FÓRA DA GALIZA

Xoves, 28 Mai 2026

Publicouse no DOG do 28 de maio a Resolución do 22 de maio de 2026 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Galiza para o ano 2026.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 5 de xuño de 2026.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet <https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.

No prazo de presentación de solicitudes establecido na letra a) desta base, as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo <xestion.egap@xunta.gal>, especificando no asunto do correo o código do curso solicitado, a seguinte documentación:

1. Documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión.
2. Documento que acredite que presta servizos fóra de Galiza no momento da presentación da solicitude.
3. De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) para os efectos da selección.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: