CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Resolución de 29 de abril de 2024
Martes, 07 Mai 2024

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de maio de 2024.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.

Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

FX24033 Curso medio de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

2.9.2024 a 3.11.2024

9.11.2024

FX24034 Curso superior de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

2.9.2024 a 3.11.2024

9.11.2024

Para seguimento da convocatoria PREME AQUÍ.