CURSOS PREPARATORIOS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA
Publicouse no DOG do 23 de xuño a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso académico 2026/27.
Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e abril.
A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e maio.
A oferta de cursos recollida nos anexos I e II desta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, e, de ser o caso, as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
No caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá autorizar expresamente a súa realización. No caso de non realizarse o curso, a escola oficial de idiomas comunicarállelo ás persoas solicitantes.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.






Para ver a resolución completa preme na ligazón: