DEFICIENCIAS GRAVES NA OFICINA DE XUSTIZA MUNICIPAL DE PORTO DO SON
No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza, en relación coas graves deficiencias detectadas no informe de prevenición remitido sobre o Xulgado de Paz de Porto do Son (Actualmente Oficina de Xustiza Municipal).
No citado informe establécese como prioridade de actuación inmediata, dadas as consecuencias de máxima gravidade que poderían derivarse, a necesidade de coordinarse co Concello, solicitando a correspondente avaliación do centro, así como a implantación das medidas correctoras ao respecto
Cómpre salientar que estas mesmas deficiencias xa constaban no informe técnico elaborado no ano 2018, no que se recollía un plan de execución de seis meses, o cal non foi levado a cabo, persistindo na actualidade as situacións de risco detectadas.
Como consecuencia do anterior, o Xulgado atópase nunha prioridade de nivel 1, debido a inexistencia ou insuficiencia dos medios de extinción de incendios, á iluminación de emerxencia claramente insuficiente, falta de sinalización das vías de evacuación e a presenza de obstáculos nas vías de paso, o que supón un risco grave e inminente para a seguridade das persoas traballadoras e usuarias do xulgado.
En base ao exposto, solicitouse que se adoptaran de maneira inmediata todas as medidas correctoras necesarias para eliminar ou reducir os riscos detectados, garantindo así o cumprimento da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais.
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón: