DENUNCIA ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO POLA FALTA DE REALIZACIÓN DO INFORME PSICOSOCIAL DO TI DE VILAGARCIA E PONTEAREAS
Con data 30 de xuño de 2026 foi solicitada formalmente á Dirección Xeral de Xustiza a realización dunha avaliación/informe de riscos psicosociais nos Tribunais de Instancia de Ponteareas e de Vilagarcía de Arousa, ante a situación existente nestes órganos xudiciais en relación coa carga de traballo, a organización do servizo e o clima laboral.
No caso concreto do Tribunal de Instancia de Ponteareas, a solicitude xa fora formulada anteriormente, concretamente con data 22 de xuño de 2026.
Así mesmo, esta problemática foi posta en coñecemento da Administración no Comité de Seguridade e Saúde celebrado con posterioridade, polo que a Administración ten coñecemento directo da existencia de posibles factores de risco psicosocial nos centros de traballo afectados.
A pesar das solicitudes formuladas, ata a data non se recibiu resposta por parte da Dirección Xeral de Xustiza nin consta que se procedese á realización das avaliacións de riscos psicosociais solicitadas.
Esta ausencia de actuación resulta especialmente relevante tendo en conta que a carga de traballo, a organización do servizo, a presión laboral e as condicións organizativas poden constituír factores de risco psicosocial que deben ser identificados.
Asi memo tamen denunciamos ante esa Inspección de traballo a falta de descanso dos traballadores nas gardas de disponibilidade.
No Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa, os servizos de garda están configurados como gardas de localización ou dispoñibilidade, porén, na práctica, o funcionamento efectivo destes servizos non se corresponde coa natureza propia dunha garda de simple localización ou dispoñibilidade, senon como de permanencia, xa que que se une a xornada laboral con a garda.
Na práctica, estanse producindo situacións nas que persoas traballadoras que prestaron servizos efectivos durante a madrugada teñen que acudir novamente ao seu posto de traballo poucas horas despois, sen que se estea garantindo de forma efectiva o período de descanso que legalmente corresponda.
Esta forma de organización dos servizos de garda pode producir unha situación de fatiga e insuficiente recuperación física e psíquica, especialmente cando as intervencións se producen durante a noite ou de madrugada e existe unha posterior incorporación á xornada ordinaria.
Por este motivo, considérase necesario que a Inspección de Traballo comprobe a realidade efectiva destes servizos de garda e determine se existe unha discrepancia entre a súa configuración formal como gardas de localización ou dispoñibilidade e a forma na que se están desenvolvendo materialmente.
Así mesmo, solicítase que se determine cal é o réxime xurídico concreto aplicable ao persoal da Administración de Xustiza en materia de gardas e descansos e se, nos supostos nos que existe prestación efectiva de servizos durante a madrugada, se está respectando o correspondente período de descanso entre xornadas.
Debe terse en conta que a realización de traballo efectivo durante a madrugada e a posterior incorporación á xornada ordinaria poucas horas despois pode incrementar os riscos derivados da fatiga, do estrés e da falta de recuperación, polo que esta situación debe ser igualmente analizada desde a perspectiva da normativa de prevención de riscos laboráis.
Por todo o anteriormente exposto, SOLICITOUSE Á INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL que requira á Dirección Xeral de Xustiza, a través do seu Servizo de Prevención, para que se proceda á realización das oportunas avaliacións de riscos psicosociais nos Tribunais de Instancia de Ponteareas e de Vilagarcía de Arousa, tendo en conta a carga de traballo, a organización do servizo e o clima laboral existente.
Así mesmo, SOLICÍTASE que esa Inspección de Traballo proceda a comprobar e inspeccionar o cumprimento dos períodos de descanso entre xornadas das persoas traballadoras que prestan servizo nos sistemas de garda dos Tribunais de Instancia de Vilagarcía de Arousa, especialmente nos supostos nos que, durante a garda, se produce unha intervención efectiva en horario nocturno ou de madrugada e, posteriormente, se require a incorporación á xornada laboral ordinaria do día seguinte, sen repectarse o horario de descanso previsto na normativa europea.
En consecuencia, solicítase que se comprobe se a organización e realización efectiva dos servizos de garda están a garantir os períodos de descanso legalmente establecidos e, no caso de apreciarse incumprimentos, se requira á Administración para que adopte as medidas correctoras e preventivas que legalmente correspondan.
Igualmente que se comprobé que as gardas non están configuradas a día de hoxe como de localización, xa que na practica se están facendo como gardas de permanencia e consecuentemente se faga algo ao respeto.
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón: