DENUNCIA NO T I DO PORRIÑO POR DETERMINADAS EIVAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Luns, 14 Set 2026

Este pasado 11 de setembro, despois de ter realizado unha visita ao Tribunal de Instancia do Porriño, formulamos denuncia polas seguintes deficiencias detectadas na citada visita, en relación con determinadas condicións ambientais, de seguridade e dos espazos de atención ao público:

PRIMEIRO. - Falta de climatización e elevadas temperaturas

Durante todo o período estival, as dependencias dos Tribunais de Instancia do Porriño permaneceron sen aire acondicionado ou cun funcionamento (conexión de aires acondicionados portátiles) que non permitía garantir unhas condicións ambientais adecuadas, soportándose no interior do edificio temperaturas excesivamente elevadas.

SEGUNDO. - Deficientes condicións das dependencias que se ten previsto  destinar  á atención á ciudadanía.

Consideramos que este espazo presenta importantes deficiencias desde o punto de vista funcional e preventivo, entre as que cabe destacar:

Insuficiencia de espazo para desenvolver adecuadamente a atención ao público.

Falta de ventilación adecuada.

Ausencia das condicións necesarias para garantir unha mínima privacidade e confidencialidade nas conversas entre o persoal e as persoas usuarias.

Dificultades evidentes para manter unha comunicación correcta entre o funcionario/a e o cidadán debido á configuración física do espazo.

TERCEIRO.- Risco de caída no acceso ao cadro eléctrico

Queremos poñer igualmente en coñecemento do órgano competente unha situación que consideramos especialmente preocupante desde o punto de vista da seguridade e prevención de riscos laborais.

Tal e como xa se recolleu, nos correspondentes informes de prevención de riscos laborais, o acceso ao cadro eléctrico presenta unha situación potencialmente perigosa, ao abrir a porta de acceso a dito cadro, queda visible no chan un oco que presenta un elevado risco de caída, circunstancia que pode provocar un accidente para o que acceda a esa zona.

Para ver o contido completo do escrito preme na ligazón: